Wednesday 08 de May de 2024

Carral inicia a 2ª quenda dos campamentos, que combinan o deporte e a aprendizaxe dun novo idioma


Os nenos e nenas participarán en actividades de multideporte, socioculturais, excursións e accións de inmersión lingüística
Coa vista posta no impulso de medidas que favorezan a conciliación das familias, Carral iniciou hoxe a 2ª quenda dos campamentos deportivos de verán. Nesta ocasión, o Concello levará a cabo o English Sport Camp, coa que combinarán o deporte e a aprendizaxe dun novo idioma. A rematará o 14 de agosto.
Ao longo desta segunda quenda, os nenos e nenas -de entre 3 e 15 anos- participarán en actividades multideporte, socioculturais, en excursións e en accións de inmersión lingüística.
Protocolo de seguridade
O Concello reforzou, este verán, a súa aposta polas actividades e medidas de conciliación. Como explican desde o goberno local, “considerabamos necesario reforzar as actividades de
conciliación pero na situación actual, a seguridade é, máis que nunca, a máxima prioridade. Por iso, reaxustouse a organización dos campamentos aplicando un completo protocolo”.
Estas actividades estanse a levar a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no local interxeracional co fin de cumprir coas distancias de seguridade. Para acceder a estes recintos, os
participantes teñen que desinfectar calzado e mans e someterse, así mesmo, á medición da temperatura.
Os cativos e cativas maiores de 6 anos deben empregar a máscara de xeito obrigatorio, agás naqueles casos nos que os presenten algunha patoloxía que impida este uso. No caso das
excursións, todos os nenos e nenas, con independencia da súa idade, deben levar a máscara de protección no autobús, tal e como indica a normativa. Unha vez dentro do recinto dos campamentos, os rapaces e rapazas están separados en grupos formados por un máximo de 10 participantes.